PARA QUE LES?

Montse


Leo para coñecer o que non sei, que non por facerme máis vella teño menos que aprender.

Leo para vivir outras vidas, para ser outras mulleres ou mesmo homes, para estar noutros lugares e noutros tempos.

Leo para que a miña vida sexa mellor, máis divertida, máis interesante, e nova cada día.


Recomendación:

Biografía de María Antonieta, de Stefan Zweig.

Polo interesante da personaxe, unha muller tan aparentemente “simple” vivindo e sendo peza capital, a pesar dela mesma, nun momento histórico de grande complexidade: a Revolución francesa. Polos contidos históricos e políticos contados dun xeito tan literario, suxerente e seductor, como ben documentado

Comentarios