COMPARTINDO CONTOS (I)

A inicios de outubro con motivo da selección de candidatos para o “Ler e escoitar” sorprendeunos a cantidade de rapazas, e algún rapaz, participaron con entusiamo nas lecturas en voz alta. Nos encontros de bibliotecas escolares celebrados en outubro vimos como outros centros (I.E.S de Sansenxo e I.E.E de Porto dos Son) organizaban con alumnos de secundaria lecturas de contos para os colexios de primaria do seu contorno. A idea pareceunos moi interesante e xa que tíñamos voluntarios nos puxemos mans a obra.
         Presentáronse 34 alumnas e un alumnos. Nos puxemos en contacto cos colexios  de Guitiriz, Parga e  A Castellana que acolleron ben a iniciativa. Tivemos que formar varios grupos para cubrir os tres colexios da zona e os diferentes niveis de infantil e primaria nos que se realizarían as lecturas. Cada grupo escolleu dous ou tres contos e prepararon as lecturas. (Usando o seu tempo libre, os recreos, e tamén algunhas clases de titoría e coa inestimable axuda da nosa compañeira Mónica, profesora de Lengua e Literatura española). O dia acordado montamos no autobús e nos repartimos polos colexios, onde xa estaba todo preparado para recibirnos e nos recibiron marabillosamente.
         Cremos que o resultado da  experiencia foi moi positivo para todos. Cada grupo tivo primeiro  que organizarse, repartirse os textos, papeis, acordar momentos para ensaiar, realizar unha lectura en alto en grupo intentando transmitir a emoción ou chiste ou pena,  do conto, vencer a vergoña e se enfrontar á unha lectura cun público esixente … volver ós colexios onde estudaron a primaria e ler moitas veces diante dos seu  antigos mestres, dos seus veciños, etc. En fin quedamos bastante satisfeitos da experiencia e dispostos a repetir.

Comentarios