PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: O misterio das badaladas

 Este é un libro de aventuras que nos relata a investigación duns cinco resoltos  nenos, intrigados en saber por que o reloxo novo da igrexa de Eiranova dá unha badalada de máis cando chegan as doce da noite, e para iso van facer as pescudas oportunas. A través de cinco mensaxes ocultas en diferentes lugares darán co autor.
Se queredes saber quen é esa persoa non tedes máis que ler o libro. Asegúrovos que pasaredes momentos intrigantes, misteriosos e divertidos.
Sara Campos González 1º ESO A

Comentarios