Para conmemorar o día das Letras galegas volvemos, outra vez, ó
mercado de Guitiriz a ler poemas, cantalos, tocar música e sobre todo compartir
este día con todos os veciños da vila. Pero ademais este ano quixemos facer
este acto máis cercan ó pobo convidando a participación ó colexio de Lagostelle
e a Escola de Música de Guitiriz.
Alumnos do instituto e o colexio leron poemas de Xosé María Diaz
Castro, Marica Campo, Manuel María,Rafa Villar, Eva Vaiga, Darío Xohan Cabana,
Pilar Pallarés, etc.
A parte musical correu a cargo de alumnos da Escola de música de
concello, que interpretaron tres pezas tradicionais, e de alumnos de música do
instituto, que interpretaron tres poemas de Xosé María Díaz Castro: “PENÉLOPE”
de, “Coma un Río”, e “A noite é...”,
pertencentes o poemario NIMBOS. A música dos poemas está composta pola
profesora do centro Sandra Tenreiro, pensada en todo momento para ser
interpretada por alumnos de esta etapa educativa na que xa teñen conceptos
básicos de harmonía e uso da voz para poder levalos a cabo.
A lectura de poemas por
parte dos rapaces dos centros, o son da Banda de Gaitas un Trío de frauta e dúas guitarras da Escola
Municipal, xunto coa interpretación de poemas musicais inéditos
interpretados polos alumnos, resultan un programa orixinal e completo para
conmemorar este día.
Os pequenos do colexio o fixeron especialmente ben, vese que detrás
hai moito traballo. A interpretación
musical que foi estupenda. Esixiu un importante esforzo por parte dos alumnos e
a súa profesora que esperamos quedara releixado na súa actuación
A conexión establecida entre literatura e música a través de este
proxecto, é fabulosa. Os rapaces vense na obriga de ler os poemas e somerxese
neles para acadar a interpretación desexada, poñen os seus coñecementos
musicais o servizo da palabra.
Favoreceuse o desenvolvemento da sensibilidade artística nun campo
moito máis amplo que a propia música soa podería acadar, abríndose as portas a
unha expresión artística diferente para os alumnos e enriquecedora, xa que
nalgúns casos xa eles mesmos póñense a compoñer ideas novas que non contaban
ter na súa cabeza.
Con esta celebración estreitamos a nosas colaboracións co colexio,
iniciadas xa coa actividades de “Compartindo Contos” e a escola de música do
concello. Esperamos para ó ano a participación doutros colexios da zona.
Nuns día esperamos ter un vídeo coas imaxes do acto. De momento
podedes ver algunha fotos
Se queres ver máis fotos dos músicos pincha aquí
Se queres ver máis fotos dos lectores pincha aquí
Se queres ver máis fotos dos músicos pincha aquí
Se queres ver máis fotos dos lectores pincha aquí
Comentarios
Publicar un comentario