AXENDA DÍAZ CASTRO


Dende o curso pasado, no IES Poeta Díaz Castro son varias as iniciativas que levamos a cabo para dar a coñecer e promocionar a figura e a obra do escritor que dá nome ao noso instituto, para conmemorar o primeiro centenario do seu nacemento, o vindeiro mes de febreiro, e tamén a celebtación das Letras Galegas 2014

Anteriormente presentámosvos o Documental "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro", no que se recollen diferentes testemuños sobre a vida e obra do autor, algúns dos seus poemas musicados por Sandra Tenreiro, profesora de música do insti,  ...
Estes días, presentamos e unha nova achega das nosas actividades, a AXENDA ESCOLAR 2014 dedicada ao noso poeta.


O xoves 19 de decembro un grupo de alumnos de 1º de ESO volveron outra vez ós seus coles de Parga, A Castellana e Lagostelle para agasallar os seus antigos e futuros compañeiros cunha destas axendas e ademais explicarlles por que a fixemos, quen foi Díaz Castro, ler algo de poesía e ata cantar con eles. Pola súa banda o alumnado do cole de Parga entregounos, para a nosa biblioteca, un simpático Díaz Castro



Quixemos xuntar neste proxecto dous obxectivos :
Continuar coa promoción, que dende hai tempo xa vimos levando a cabo entre o noso alumnado, da importancia que ten o uso das axendas para a organización diaria do traballo escolar e das actividades da vida cotiá. E ...
Espallar o coñecemento da figura do Poeta Díaz Castro, na súa dimensión humana, profesional, artística...

Así pois, deseñamos e editamos esta AXENDA DÍAZ CASTRO que, ademais da funcionalidade característica habitual en calquera axenda, contén estes outros apartados:
- Reseña biográfica do autor
- Fotografías de lugares e elementos relacionados coa vida do autor, coa súa obra e a súa presenza
simbólica no noso instituto.
- Partituras dos poemas musicados no noso instituto.
-24 dos 32 poemas de NIMBOS, única obra publicada en vida do autor

Para saber máis pivha aquí o segue o enlace
http://about.me/documentaldiazcastro

Comentarios