ACABAMOS
CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA
Ninguén
nos vai parar!!,
no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son
covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais
celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal
do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos
escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a
Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio...
Os
rapaces de música do centro,
contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto
organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma
verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos
presentaran como o
grupo de música:“ A lus do mundo”.
Antes
de cantar os poemas “Vísperas”,
“Penélope”
e “A
noite é
necesaria”,
musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula
leron os seguintes versos:
“Podemos
caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller da poesía, a
forza e a lus da vida. A
poesía ensina...pero
ten que ser vivida nas aulas. A
súa fusión coa música,
convídanos a soñar, a expresarnos, a quebrarnos e perder o medo.
Mais nós, seguiremos traballando nesta dirección, porque
somos...A lus do mundo!!”.
Comentarios
Publicar un comentario