PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: ANOTHER (アナザー,Anazā)
AUTOR: Ayatsuji Yukito


No ano 1972 un estudante exemplar,estudoso e bo nos deportes chamado Misaki, da clase 3-3 do instituto Yomiyama do Norte, morreu inesperadamente nun incendio. Ao ser tan querido nesa clase,despois da traxedia os alumnos e o profesor deciden seguir actuando coma se el non estivese morto.Pero,cando tomaron a fotografía de fin de curso notaron algo estraño: MISAKI APARECÍA NA IMAXE...
Esta serie de manga de catro volumes (Periods, neste caso este é o 1st Period) trata sobre o que aconteceu uns anos despois, en 1998, na clase 3-3. Kōichi terá que investigar que aconteceu no pasado, por que tratan á súa compañeira Mei coma se non existise e,o máis importante,POR QUE COMEZA A MORRER XENTE CRUELMENTE ENLAZADA COA CLASE 3-3...
Este manga é bastante especial para min porque foi o primeiro que lin (por Internet). Lembro que estiven mentalizándome moito tempo antes de comezar, polo meu carácter asustadizo... Pero, cando o terror desta historia se fai o teu amigo en vez do teu inimigo, non podes parar de lela.

ANTÍA SÁNCHEZ VÁZQUEZ,2º ESO B.

Comentarios