TÍTULO:
Chamábase Luís
AUTORA:
Marina Mayoral
Luís é un home de
trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está
enganchado ás drogas dende os vinte. Ten catro irmáns dos que un
morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada de él,
e dous fillos, Xoaquín e Mónica, de trece e oito anos, dos que non
sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa
drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai Rosa,
xa que non ten ningún de traballo nen ocupación ningunha.
Luís é un ser humano
que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada
na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia
e a resignación.
Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende
por forza do suxeito marcado.
É
un libro que pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida
pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes,
incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da sida. Nove
testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou
sobre si mesmos. Todos víctimas dun dos maiores dramas do noso
tempo.
Xeralmente
recoméndollo a todos porque, aínda que sexades aventureiros ou
fantásticos, trata moi ben a vida real de moitas persoas que “perden
a vida sen matarse” e que nunn futuro, sobre todo as persoas que xa
comezaron agora e que non deberían, pódenos axudar a previrnos do
tabaco e por suposto das drogas.
Noemí
Miraz Vázquez de 2º ESO
Comentarios
Publicar un comentario