PROPOSTAS LECTORAS

TÍTULO: Palabras de Caramelo
AUTOR: Gonzalo Moure.

Este libro trata sobre un neno saharahuí que é xordomudo. Soamente pode recoñecer as palabras polos movementos da boca. Por ese mesmo motivo pode saber o que lle di o seu amigo, un pequeno camelo. Chega unha época de crise e intenta salvar ó seu amigo para que non o maten pero non o da conseguido.

  Gustoume moito esta historia ; é moi bonita pola amizade do camelo e o neno. Aínda que non me gustou moito o final porque o camelo morre .

Laura Villar 2º  E.S.O


A min paréceme que o libro é fácil de ler e moi intrigante. Aínda que teña un final triste a historia que conta Gonzalo Moure é interesante porque o neno loita por salvar a vida do camelo, aínda que non o dera conseguido. Tamén me gustou a amizade entre Kori é o camelo, Caramelo.

Kori, o principal protagonista, é xordomudo e só entende as palabras nos xestos dos labios da boca. Por estes movementos é capaz de saber o que lle di Caramelo, o seu mellor amigo, que por certo é un camelo, ó que intenta de que siga vivindo a súa vida. Ó final Kori non da conseguido salvarlle a vida, pero polo menos molestouse en intentalo. A Caramelo execútano por falta de comida.

Eu este libro sí que o recomendaría porque me parece que é para moitas idades e é moi entretenido. Eu cando o estaba lendo pola noite non o quería parar de ler porque me deixaba con moita intriga o que ía pasar despois.

Xoel Santamariña Iglesias

Comentarios