BOAS
VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS
Esta
é a postal gañadora do nos concurso “Manuel María e o Nadal”
Trabábase de facer unha postal navideña pero inspirada nos versos
dalgunha das panxoliñas escritas por Manuel María. Valoramos non so
a calidade da postal senón tamén a relación entre os versos e o
debuxo. Deste xeito principiamos a celebración do ano de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016
Pero... Quen foi a gañadora?
Lucía
Campos González de 3º ESO
A
súa postal foi elixida para desexar un ano cheo de boas lecturas,
cine e música a toda a comunidade educativa de Guitiriz. Así,
fixemos chegar a todas as familias do noso alumnado a postal e un
tríptico con recomendacións de libros para ler e agasallar.
Gracias
ao alumnado de 1º BAC que colaborou con eficacia para facer os
sobres coa postal e o tríptico nun tempo record (Que menos despois
de estudar o Taylorismo en clase de Historia)
Comentarios
Publicar un comentario