O
venres 18, último día de clase do ano 2015, xuntámosnos no salón
de actos profesorado, alumnado, pais e nais para recordar os
traballos realizados estes anos e que nos levaron a ganar o "Premio
Nacional al desarrollo de dompetencias de lectoescritura e
audiovisuais" 2015. Tratábase tratábase de celebrar con toda a
comunidade educativa de Guitiriz este premio que non cae todos os
anos. Estiveron con nos os da Fundación TIC de Lugo que gravaron
parte do acto. Aquí o tedes:
Pero
ese día non nos limitamos a recordar o que xa fixemos. O alumnado de
4ºESO presentou un traballo audiovisual creado na aula de música,
sobre a figura de Manuel María, Letras Galegas 2016. A música,
composta pola súa profesora Sandra Tenreiro, esta interpretada polo
alumnado que foi quen se encargou tamén de gravar as imaxes.
Comentarios
Publicar un comentario