ILUSTRÍSIMA
Carlos Casares
 
A comezos do século XX, durante o mandato de Canalejas en plena restauración borbónica, nunha cidade pequena, chega por primeira vez o cinematógrafo. A parte máis conservadora da vila e máis o clero están totalmente en contra do cine porque pensan que é un invento do diaño cuxo único fin é alterar a decencia da cidade, e polo tanto, ten que ser prohibido. Pero no medio de todo o clero atópase un home, Fernando Fanego que é bispo e ao que todos se refiren como Ilustrísima, que é máis comprensivo e bondadoso que os que o rodean, a pesar de cumprir co estereotipo de cura ao que lle gustaba a bebida e a comida.

Esta confrontación interna dábase tamén en certa medida no resto da sociedade, acusando o seu actual goberno como anticlerical ou liberal polos xornais “La Verdad” e “El liberal” respectivamente, estes eran leídos polo bispo a diario xa que a el gustáballe ter opinión propia, por iso, para valorar se o cinematógrafo era bo ou malo tivo que ir ver de que se trataba, alí, despois dunha anécdota curiosa sobre unha proxección dunha locomotora que alterou ao público, Ilustrísima decatouse de que non era malo, senón que podía servir incluso como forma didáctica.

Pese a iso, o xornal máis conservador publica un comunicado escrito teoricamente polo bispo, onde se condena o cinematógrafo, el, ao enterarse, intenta comunicar no mesmo xornal a súa inocencia, pero ten que recorrer a “La Verdad”, aínda que ningún dos seus intentos de remendo funcionan pois o cine acaba por ser queimado.

Recomendo bastante esta lectura sobre todo aos alumnos de 2ºBAC xa que o contexto histórico axuda moito a situarse nunha sociedade amplamente divida en dous bandos, tamén axuda a reflexionar e creas unha relación de empatía co protagonista que está angustiado por toda a presión que implica levar a contraria á maior parte da Igrexa.


Sabela Salgueiro García

Comentarios