PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO:Ilustrísima
AUTOR: Carlos Casares

A historia está ambientada a principios do século XX, seino pola influencia da igrexa no poboación, é sobre todo pola aparición das ideas da Ilustración. O autor neste libro fai unha critica moi sutil a igrexa, e faina simplemente ca aparición dun cinematógrafo nunha vila.

O protagonista do libro é Fernado, un bispo cunhas ideas conservadoras. Este ten varios opositores na igrexa que son   Don Telesforo, que é un cura cunhas ideas máis cerradas que o bispo, e Don Xenaro, que é outro cura que nun principio apoia ao bispo pero que despois se cambia de bando e apoia a Don Telesforo.

A trama transcorre arredor dun cinematógrafo que van instalar na vila, é unha cousa novidosa para o pobo, pero que ao bispo non lle transmite confianza, xa que leu na prensa que noutras vilas houbera problemas con estes. Por iso aproveita a súa influencia para dicirllo aos fieís que o cinematógrafo é un invento que vai en conta da relixión. Non conforme o bispo, decide agocharse tras un abrigo, é facer un recorrido máis longo do común para acudir a estrea do cinematógrafo, sen ser descuberto. Séntase na sala de proxeción e agarda alí ate o seu remate. Sae da sala sorprendido polo que veu, pero a pesar diso decide seguir dicindo que é un invento do demo. A raíz disto entre Don Telesforo e Don Xenaro envían a un xornal, que o bispo lía sempre, unha carta no seu nome dicindo que o cinematógrafo era un gran invento. Isto cabreou moito ao bispo, ata tal punto que, chamou ao redactor do xornal para que lle deixase escribir unha carta conforme el nunca asinara a carta a favor do invento. O redactor non quixo publicarlle a súa carta, polo que o bispo chamou a outro xornal, no cal se publicou a súa carta. A publicación desta carta xerou un grande alboroto na vila.

Tamén no libro vemos outra historia que xira arredor dunha monxa chamada Sor Sabina. Esta era unha seguidora fiel de Don Telesforo. Todo o mundo pensaba que facía milagres por iso a trataban coma se fose unha santa. Pero o bispo non estaba de acordo con isto xa que, o que en realidade lle pasaba a monxa é que tiña alucinacións por non comer. Isto debíase a que seguía os consellos de Don Telesforo o cal lle mandaba gardar xaxún.

O libro gustoume moito a pesar de que ao principio tiven dificultades para comprendelo. Paréceme que o autor fai unha critica a igrexa dunha forma moi sutil e ao mesmo tempo acertada. Penso que che fai ver o cerrada que era a igrexa, aínda que hoxe sega a ser bastante cerrada, e a maneira que tiñan para comerlle o coco a xente.
É un libro que recomendo aos meus compañeiros, e que necesita unha lectura calmada para poder comprender ben o que o autor nos quere transmitir.

                                                                                                                                                   Margarita Vidal Rodríguez 2ºBAC

Comentarios