PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 30 de mayo de 2017

ALGO PASA EN GUITIRIZ



O vídeo foi realizado nun obradoiro audiovisual con alumnado de 4º ESO dirixido por Cristina de la Torre e Santiago Dans no que participaron Anyeli Peguero, Rosandy Calderón, María Ansede, Uxía Sanjurjo, Mónica Filgueiras, Óscar L. Felpeto, Andrea Pérez, Aida Cobas, Zaira Sánchez, Iván Amenedo, Noemí Miraz, Irea Calvo, Zeltia Ferreiro, Thalía Fernández, Antía Sánchez e Lucía Campos

GRACIAS POLO VOSO TRABALLO


lunes, 22 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este venres celebramos con música e poesía o Festival das Letras Galegas. Ademais de todo o noso alumnado achegáronse para compartir conosce ese día pequenos e pequenas de sexto de primaria do colexio de Lagostele, que xunto cos seus futuros compañeiros de 1º e 2º de ESO recitaron poemas de varios autores galegos.  Destacamos que Maite Villar, animouse a recitar un poema propio, que non desentou nada entre os dos grandes. Así se fai!!. A música a estivo a cargo do alumnado da música guiados pola súa profe Sandra e un grupo formado por Irea, Natalia, Javi e Antía puxo unhas notas de “Roc and roll”. Esperamos poder contar con eles noutra ocasión

Aquí tedes un breve resumo, pero podedes velo todo en


lunes, 15 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Para celebrar a Carlos Casares con música e poesía. Traballo do alumnado de 4º ESO cun poema de Carlos Casares e música da súa profesora Sandra


domingo, 7 de mayo de 2017

PROPOSTAS DAS LECTORES

EL TÚNEL Ernesto Sábato

Resultado de imaxes para el túnel
Este libro es una historia en la que el protagonista cuenta desde la cárcel cómo mató a la persona a la que más “amó” por ser la única que le comprendía.
La historia empieza en una galería de pintura en la que el pintor Juan Pablo Castel observa a María Iribarne por ser la única que observa una pequeña ventana al  fondo de su cuadro. Ese día no logra hablar con ella y la busca por toda la ciudad de forma obsesiva. Cuando la encuentran empiezan a quedar para hablar y al principio hablan sobre el cuadro. Luego comenzarán una relación amorosa, que terminará con la muerte de María Iribarne ya que ella es una mujer liberal y casada que tiene otras relaciones, por ejemplo con un primo de su esposo en la estancia (una casa de campo). Juan Pablo no puede soportar esto y la mata. Antes de llegar a este punto hay todo un “estudio” psicológico y obsesivo de Juan Pablo hacia María.
Es una novela psicológica con una narración lenta para dar la sensación de la obsesión que siente el autor por María, aunque no es un mayor inconveniente ya que aunque la novela empieza diciendo que alguien murió no sabes quien es, a medida que la novela avanza empiezas a darte cuenta de que la persona a quien mata es a ella hasta el punto que lo confirmas pero no sabes exactamente la razón por la cual la mató.


Natalia Amenedo Bergantiños, 2º BAC

ENCONTROS COS AUTORES

VISITA DE RUBÉN RUIBAL

O programa de Promoción da Lectura do MEC deunos a posibilidade de conmemorar no noso instituto o día do Libro deste ano coa visita do escritor Rubén Ruibal, gañador do premio Álvaro Cunqueiro e do Premio Nacional de Teatro 2007. Este actor, director, escenógrafo e dramaturgo fixo un resumo da súa traxectoria  desde os seus inicios nas tablas cando era un neno xogando coa súa familia ata que se decidiu a escribir Limpeza de sangue, inspirado polo gran Roberto Vidal Bolaño e co que compartiu a andadura do grupo de teatro “Teatro de aquí”.

viernes, 5 de mayo de 2017

PREMIO FESTA DA FILLOA

Antía Vaamonde Morandeira gaña un premio na XXVI Festa da Filloa de Muimenta 2017

E seguimos celebrando premios no IES Poeta Díaz Castro...
O pasado luns 1 de maio a alumna de 2º ESO Antía Vaamonde recolleu o segundo premio de relatos en castelán na categoría de 13 a 18 anos na vixésimo sexta edición da Festa da Filloa de Muimenta. 
O relato gañador foi El agujero negro, unha historia onde poderás descubrir o lugar no que se agocha a misteriosa receita das famosas filloas de Muimenta.

martes, 2 de mayo de 2017

Tíralle da lingua

A nosa alumna Maite Villar de 2º ESO gañou o 1º premio da categoría 1º ciclo de ESO no XVII Concurso de Relato Oral Tíralle da lingua, celebrado o 25 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela co seu conto titulado “Memorias dunha vaca galega”. Claro que o conto e orixinal.

Parabéns a ela e a Feifei Li de 1º ESO por nos teren representado tamén neste certame.